O filme “Joker” porá fin este xoves ao ciclo de cine na rúa

Coa película Joker, un dos filmes máis laudeados do último ano, péchase este xoves, 13 de agosto, na Praza Maior, o ciclo de cine na rúa, no que se proxectaron catro películas.

Publicidade

A sesión será as 22,30 h., con entrada de balde ata completar aforo, e gardando todas as medidas de separación e prevención polo Covid 19. Así, é obrigatorio levar mascarilla e lavar as mans con xel hidoalcólico. A apertura do recinto acotado será ás 22,15 h.

Este ciclo de cine conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, e enmárcase nas Xociviga 2020, que non se puideron desenvolver con normalidade por causa da pandemia.