Galicia mantén o descenso de casos activos, aínda que de xeito paulatino

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 109 contaxios novos, un lixeiro ascenso con respecto a onte. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.156, unha cifra que descende en 50 casos con respecto a onte. Do total de pacientes positivos en Galicia, 20 (-1) están en UCI, 87 (-3) en unidades de hospitalización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta estabilidade. A provincia rexistra hoxe 12 contaxios novos, e contando co mesmo número de altas, a situación fai que os casos totais se manteñan nos 164 contaxios, mesma cifra ca onte. Nos hospitais hoxe a situación amosa un descenso. Contamos con 6 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.