O autobús de doazón de sangue estará mañá no concello de Arnoia

O servizo móbil de doazón de sangue desprazarase na xornada de mañá sábado ó concello de Arnoia, logo de dúas semanas sen pasar polos concellos da nosa contorna. O servizo estará dispoñible en xornada de mañá, entre as 10:00 horas e as 15:00 horas, ubicado na Laixa, fronte o Bar Industrial.