Tendencia a baixa nos casos por covid. A comarca baixa 4 para un total de 11. No Carballiño hai 6 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 11 contaxios. O Concello do Carballiño baixa un caso con respecto a onte, ata os 6 contaxiados.

O Irixo mantén unha persoa contaxiada ( 2 menos ca onte ) igual ca San Cristovo de Cea, que mantén dous positivos. O concello de Beariz mantén dous positivos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, salvo Cenlle, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.