A comunidade galega rexistra hoxe 85 contaxios novos, un lixeiro ascenso con respecto a onte. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.613, unha cifra que descende en máis de medio centenar de casos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (=) están en UCI, 51 (-5) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un estancamento. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 2 persoas con respecto a onte, ata os 162 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa tamén un estancamento. Contamos con 5 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.