Esta pasada fin de semana rexistráronse de novo varios roubos en edificios, co mesmo modus operandi ca os acontecidos nos últimos meses, neste caso na rúa Calvo Sotelo. Hoxe falamos co xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, para coñecer máis sobre como actúan.
Do mesmo xeito, a Policía Local recomenda para estes casos incrementar a autoprotección, asegurándose de manter os portais dos edificios pechados, non abrir a persoas que non coñecemos e no caso de persoas que queiran facer enquisas ou semellante, pedirlles a documentación.