A Fundación Vicente Risco organiza o segundo concerto do Ciclo de Música de Cámara Petiscos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado 12 de xuño, ás 20 horas, terá lugar o segundo concerto do VII Ciclo de Música de Cámara Petiscos musicais organizado pola Fundación Vicente Risco. Será na sede da fundación e actuarán Roberto Iglesias e Carlos Cortés, un dúo de tompetas, que interpretarán un repertorio variado con temas de M. Carl, Jan Neruda, Joseph Haydn, Johann Nepomuk Hummel, Thorvald Hansen, Allen Vizzutti e Luis Bonfa. 
A Fundación Vicente Risco leva desenvolvendo esta actividade desde o ano 2015 coordinada pola profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Petiscos musicais é un ciclo anual de catro concertos, un por cada estación do ano, tendo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. 
Roberto Iglesias Rey, nace en Ourense en 1980, as súas primeiras nocións musicais as recibe a temprana idade de 6 anos co profesor e compositor Alejandro del Río, anos máis tarde cursa os seus estudos oficiais no Conservatorio Profesional de Música de Ourense obtenendo o título Profesional de Música na especialidade de trompeta, logo se traslada á Coruña onde obten a licenciatura na especialidade de trompeta no Conservatorio Superior de Música. Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo, A Orquestra do Teatro Lírico de Barcelona e A Banda de Música Municipal de A Coruña con esta última formación na grabación do disco 60 Aniversario Groba.
Carlos Cortés González, Nado en Carballedo (Lugo) é licenciado na especialidade de Trompeta polo Real Conservatorio de Música de Madrid e Máster en Interpretación Musical pola Universidade Internacional de Andalucía.Colabora asiduamente con diversas formacións musicais de toda Galicia. No eido sinfónico ten sido invitado por formacións como a “Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid”, Orquesta del Proyecto Xenakis, Orquestra Filharmonía (en xira co Ballet Nacional Ruso) Orquesta Sinfónica de Madrid, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Filharmónica de Málaga ou a Real Filharmonía de Galicia.
Traballa habitualmente co grupo especializado en música contemporánea Vertixe Sonora Ensemble.
Foi tamén trompeta solista do musical de Broadway “Los Miserables”, durante a xira de case dous anos polos principais escenarios da península.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por causa das restriccións da Covid-19 o aforo queda limitado a 20 persoas, tendo preferencia os abonados. O prezo da entrada solta é de 12 euros. Rogamos comunicar asistencia ao enderezo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, número de teléfono e e-mail de contacto.