O PSOE de Beade alerta da ausencia de cobertura médica no municipio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Partido Socialista do concello de Beade aseguran que a veciñanza acude a eles con queixas por dúas problemáiticas. Por unha banda, por fallos do subministro de auga. Afirman que hai taponamentos na rede de abastecemento e, en consecuencia, cortes de auga. Esta situación é grave para a formación dada a época na que nos atopamos, en pleno verán, con ola de calor os pasados días e con unha gran actividade vitivinícola no municipio.

En canto ao segundo problema, trátase de ausencia de médica substita/médico substituto. Esta situación foi informada aos cidadáns a través de papeis informativos na rúa. Recordan que a maioría da poboación é xente de idade avanzada. Acusan ao alcalde de ser cómplice ao non slicitar á Área Sanitaria que se cubra esa carencia.

A poboación que precise acudir ao centro de saúde terá que facelo a Leiro, desprazándose en coche ou taxi. Destacan que de darse esta situación, ocasionarían un colapso no centro de saúde do concello veciño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO