Ourense reduce os casos activos e os ingresados en planta nos hospitais

Publicidade ASPADISI

A comunidade galega rexistra hoxe 56 contaxios novos, un lixeiro descenso con respecto ó venres. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.401, unha cifra que descende en preto de 200 casos nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 18 (+4) están en UCI, 51 (-4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a fin de semana presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 9 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 10 persoas con respecto ó venres, ata os 145 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa tamén un descenso. Contamos con 3 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (+1) na UCI.

HIPER MASIDE