Esta mañá, a plataforma de venda online anunciaba que quedaban esgotadas as mil entradas gratuítas para acceder á verbena piloto que terá lugar o sábado 19 no Carballiño, e que estará amenizada pola orquestra Cinema.
O Carballiño foi un dos seis concellos galegos elixidos pola Xunta para desenvolver esta proba, que terá lugar o sábado das 21:00 ás 23:00 horas nas Barcias, no parque municipal do Carballiño.
A pesar do tempo inestable deste días previos, as previsións dan unha tregua, polo que a verbena seguirá adiante.