Publicada hoxe no BOP a Convocatoria e bases de selección para contratación laboral temporal de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/a condutor/a e 3 peóns/ as para as brigadas forestais
1. Número e denominación das prazas: 1 traballador/a para prestar servizo como xefe/a de brigada, 1 traballador/a para prestar servizo como peón/peoa condutor/a e 3 traballadores/as para prestar servizo como peóns/peoas.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)
3.Duración do contrato: ata fin de obra (3 meses)
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no Rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, na web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)
BOP Premer na Imaxe
VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV