O Conservatorio e a Escola de Música preparan a primeira edición de “O Carballiño soa”

O salón de plenos acolleu hoxe a presentación da primeira edición do festival de percusión “O Carballiño soa”. Este novidoso evento terá lugar este venres, día 10 de maio, no Auditorio Municipal e está organizado polo Conservatorio Municipal e a Escola de Música.

Nel participarán os conservatorios de música do Carballiño, de Verín, de Ribadavia, a Escola de Música de Poio, de Moraña e a Unión Musical de Valladares.

AVANTAR ACTIVIDADES

A concelleira Silvia Baranda deu as grazas aos profesores que se están encargando da organización e desexa que sexa a primeira edición de moitas.