As socialistas poñen de relieve o traballo das asociacións feministas e destacan a importancia da abolición da prostitución para acadar unha sociedade máis igualitaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este 28 de decembro España celebrará 20 años dende a aprobación da Lei Integral de Loita Contra a Violencia de Xénero, baixo o Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero”, lembrou a secretaria de Igualdade da CEM, Zaida Rodríguez

Non podemos saber a cantas mulleres salvou a lei integral, pero hainas. Moitas. Do mesmo xeito que hoxe as vítimas non están soas e teñen multitude de recursos para acompañalas”, incidiu a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González

Ourense, 26 de novembro de 2024. “No que levamos de 2024, 41 mulleres foron asasinadas por violencia de xénero; 1.285 mulleres dende o ano 2003”, comezou destacando a secretaria de Igualdade da Comisión Executiva Municipal, Zaida Rodríguez Camba, na súa intervención durante o acto para conmemorar o 25N do PSdeG de Ourense. “Unhas cifras terribles e incompatibles coa democracia e que esconden as vidas truncadas de mulleres, dos seus fillos e fillas e das súas familias e amizades”, sopesou.

No acto, que contou cunha actuación musical da Dama de Gris que interpretou diferentes temas que abordan a problemática da violencia machista, tamén se puxo de relieve a importancia de romper con esa “violencia estrutural”. “Este 28 de decembro de 2024, España celebrará 20 años dende a aprobación da Lei Integral de Loita Contra a Violencia de Xénero. Unha lei aprobada baixo o Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero e que marcou e consolidou un cambio de paradigma respecto á violencia de xénero ao considerala, de maneira formal, unha cuestión de Estado”, lembrou.

E neste mesmo senso se manifestou a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez, cando recordou a gran loita cas asociacións feministas desempeñaron e que foi fundamental para desenvolver, posteriormente, dita lei. “Era unha reivindicación histórica do movemento feminista que compartimos como socialistas e traballamos man a man coas organizacións de mulleres para sacala adiante”, enxalzou.

As e os socialistas enumeraron algúns dos logros acadados e protexidos por este texto legal como foi a creación de xulgados especializados en materia de violencia de xénero e que permiten aos órganos da xustiza levar a cabo investigacións máis eficaces e un mellor tratamento para as vítimas. “Non podemos saber a cantas mulleres salvou a lei integral, pero hainas. Moitas. Do mesmo xeito que hoxe as vítimas non están soas e teñen multitude de recursos para acompañalas e saír da espiral da violencia. Por todas elas, nin un paso atrás”, afirmou a tamén voceira do grupo municipal socialista no Concello de Ourense.

Remataron insistindo en que os e as socialistas continuarán aportando para conseguir unha sociedade na que ningunha muller, nena ou neno sexa tratado como mercancía. “A abolición da prostitución e a erradicación da trata con fins de explotación sexual son obxectivos esenciais para avanzar cara unha sociedade verdadeiramente igualitaria. Quedan moitas cousas por facer, non é sinxelo o camiño, pero nunca nos sairemos del”, remataron.