A Confederación e o concello inician a mellora do paseo fluvial do Arenteiro e da zona de xogos

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Desafío Demográfico, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, comprobaron esta mañá o inicio da obras de acondicionamento do paseo fluvial e ribeiras do río Arenteiro no Carballiño (Ourense).

As obras do paseo consisten na substitución do actual pavimento jabre por un novo baseado en aripaq, resistente á erosión pola acción da auga, e na mellora da drenaxe e evacuación das augas pluviais nunha lonxitude de 2 km, situada entre a rúa do Irixo e a rúa Astureses

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, o proxecto inclúe a substitución da cuberta dun lavadoiro da Toscaña, contigua ao paseo marítimo, así como a adecuación dun acceso existente desde a estrada da rúa Río Miño e o acondicionamento dunha finca próxima para a futura instalación de un parque infantil.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Orega, S.L. por un importe de 325.163,77 €, que se executará nun prazo máximo de 6 meses.

Ademais, ambos adiantaron a futura creación dunha praia fluvial nesta zona, para que se está estudando un proxecto de adecuación ó entorno natural.