O músico e escritor coruñés Xurxo Souto estivo onte no Carballiño para presentar a súa publicación «Pangalaica». A actividade estivo organizada pola Agrupación Cultural Avantar carballiñesa e tivo que trasladarse ó interior da Praza de Abastos. No acto, ademais de desglosar o seu traballo, Xurxo Souto ofreceu unha animada exposición, facendo rir e participar ós que alí se achegaron. Ó final do acto, tamén se realizou unha sinatura de libros.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade