O sábado tivo lugar no Carballiño unha das seis verbenas piloto de Galicia, que se celebraban simultaneamente, e que estivo amenizada pola orquestra Cinema. Entre as 21:00 ás 23:00 horas un milleiro de persoas reuníronse nas Barcias, no parque municipal do Carballiño. Entre as medidas implantadas estaba a separación en dous espazos. Dende a organización aseguran que para poder levar este evento a cabo hai un gran traballo detrás.
Este evento e a súa organización serán a folla de ruta para que se poidan celebrar verbenas seguras este verán.
O sector das verbenas foi un dos máis afectados pola pandemia, con case dous anos de parón, sendo os primeiros en ter que paralizar a súa actividade. Volver a saír amosaba neles ledicia e ganas de poder revivir as festas coma antes.
A xente, de todas as idades, amosábase emocionada de poder volver ás verbenas. Valoran moi positivamente a organización e control do evento, sentíndose seguros neste evento.