Xunta e concello informarán ós veciños do Irixo sobre a recuperación de terras

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión telemática co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, na que acordaron realizar unha xornada informativa sobre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia no mes de setembro.

Esta acción realizarase co propósito de explicar aos veciños as oportunidades derivadas desta lei en relación coa xestión do solo agroforestal, a súa planificación de uso e o fomento da súa recuperación.

AVANTAR ACTIVIDADES