O pleno municipal reclámalle á Deputación que non discrimine a Ribadavia.

Un acordo do Pleno reclámalle á Deputación que colabore en moitos proxectos do Concello que son imprescindibles para os veciños de Ribadavia.

Publicidade

Os proxectos e necesidades planteadas polo Concello para a mellora de Ribadavia continúan sen resposta por parte da Deputación.

Supón unha anomalía e unha discriminación nas relacións institucionais, xa que o Concello leva desde o día 3 de maio agardando pola concreción de data para unha nova reunión.

Regularización do Punto Limpo, e proxectos de mellora de espazos importantes do municipio tales como aBiblioteca municipal, Local Social da Madalena, Oficina Turismo e Museo Xudeu, edificios dos CRA (Colexios Rurais Agrupados), MIT, Galiña Azul, ou San Xes.

Así como a mellora da oferta de servizos sociais, tan importantes en Ribadavia como o Asilo ou un Centro de Día.

O pasado 3 de maio o Concello de Ribadavia recibía resposta positiva a súa segunda solicitude para realizar unha nova xuntanza coa Presidencia provincial da Deputación, tras non poder realizarse a primeira convocada entre a Alcaldía de Ribadavia e dita Presidencia provincial.

Case dous meses despois o Concello de Ribadavia aínda non foi atendido por parte da presidencia provincial.

A razón desta Moción é que o Concello de Ribadavia ten pendentes cuestións moi importantes e de vital importancia para os nosos veciños e veciñas, que deben ser abordadas conxuntamente coa participación da Deputación provincial, e para o cal non hai ningún motivo que impida a colaboración e cooperación do ente provincial co noso Concello.

Proxectos de mellora de Ribadavia que foron xa remitidas por escrito á Deputación provincial no mes de abril e que o Concello quere darlle un impulso contando coa participación da Deputación provincial e de outras Administracións superiores.

– Punto Limpo. Pago dunha factura aparecida no Concello de Ribadavia, sen tramitación previa e sen ningún tipo de recoñecemento, que ascende a máis de 26.600 euros. Constan obras posteriores, fora do proxecto aprobado, que tiveron que realizarse para adaptar a instalación as necesidades dos camións da Deputación. Ditos traballos realizáronse sen crédito orzamentario estando pendentes de recoñecer e aboar a empresa que a realizou.

– Subvención solicitada desde o Asilo de Ribadavia por importe de 80.000 euros.

– Proxectos colaborativos urxentes para:

-Adecuación e mobiliario da Biblioteca municipal.

– Arranxo Local Social da Madalena.

– Mellora Oficina Turismo e Museo Xudeu.

– Mellora nos edificios dos Colexios Rurais Agrupados, CRA, de Francelos, San Cristovo e San Paio.

– Petición de que se reforcen as subvencións da  MIT 2021 e na GALIÑA AZUL de Ribadavia, reducidas nos actuais orzamentos da Deputación

– Asi mesmo, requirimos que se axilice a tramitación da obra da Ponte da Veronza, xa que todos os trámites ao respecto foron axilizados desde o Concello, restando só a parte da Deputación, administración encargada da licitación.

– Outros proxectos que desde o Concello queremos plantear, son:

  • Axuda para a elaboración do Plan director San Xes.
  • Axuda para levar alumeado público ao Pantalán da Barca.
  • Axuda para crear un Centro de día en Ribadavia.
  • Axuda para a construción dun novo Asilo en Ribadavia.
  • Reforma do edificio municipal da rúa Salgado Moscoso, antigo edificio do Consello Regulador.
  • Colaboración nas novas beirarrúas que se van facer en San Cristovo.
  • Reforma do forno histórico na rúa dos fornos (zona monumental Ribadavia).
  • Melloras na instalación do Pavillón do Consello.
  • Melloras no Campo do Xestal.
  • Co- financiación da actual escola musica e conservatorio.
  • Subvención para a Asociación Banda Lira.

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes ACORDOS:

– O PLENO MUNICIPAL DE RIBADAVIA APROBA SOLICITAR QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL REFORCE A COOPERACIÓN CO CONCELLO DE RIBADAVIA.

– O PLENO MUNICIPAL DE RIBADAVIA REQUIRE QUE A PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL RECIBA ÁS REPRESENTANTES DO CONCELLO DE RIBADAVIA, TAL E COMO FOI SOLICITADO NO DÍA 3 DE MAIO, REPRESENTACIÓN QUE NON FOI RECIBIDA NO MES DE ABRIL.