O Irixo creará unha zona de ocio e deporte natural na estación de ferrocarril

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Irixo creará un espazo de ocio e deportes no entorno da antiga estación de ferrocarril, agora en desuso. Prevese a creación dun entorno para autocaravanas, piscinas de auga natural, un circuíto de motociclismo e pista de pádel, entre outros elementos.

O presuposto ascenderá a 200.000 euros, ca colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación. Hoxe acudiron na súa representación o vicepresidente da Deputación e o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

SPORTUR GALICIA 2022

Polo de agora, está feito o estudo topográfico da zona e comezará a redacción do proxecto. Neste momento, o concello atópase en negociacións con Adif para a cesión deste espazo.

Antes de comezar con esta presentación, as autoridades deixaron constancia do seu paso no libro de honra do concello.