Mobilización en Eulen

O próximo luns 28 de xuño ás 11 horas, representantes sindicais da CIG concentraranse diante das oficinas da empresa EULEN, sitas na Rúa Camiño Caneiro nº 19, a fin de denunciar públicamente a represión sindical que esta empresa está a exercer contra a representación sindical da CIG no comité de empresa, e a vulneración constante dos dereitos laborais e sindicais, entre os que están o dereito de información.

A concentración coincide coa celebración de dous xuízos nos Xulgados do Social de Ourense, un pola inxusta sanción imposta ao presidente do comité de empresa, e outro polo despedimento, casualmente, do compañeiro que lle acudía de testemuña.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta práctica represora e abusiva agudizouse nos últimos tempos, coincidindo coas reivindicacións do noso sindicato de mellorar as medidas de prevención anti COVID, de incrementar as xornadas parciais en lugar de realizar horas extraordinarias….

O asunto é de tal gravidade, que mesmo estamos valorando a posibilidade de acudir á vía xurisdicional do penal, por posibles delitos contra a liberdade sindical.

Convocamos aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que se celebrará ese mesmo día, ás 11:30 horas, diante das oficinas, na que daremos conta dos pasos que imos dar na defensa dos dereitos dos traballadores e da liberdade sindical.