As piscinas municipais do Carballiño abrirán na xornada de mañá

As piscinas municipais do Carballiño abrirán as súas portas na xornada de mañá, martes día 29 de xuño. Farano en horario de 11:30 horas ata as 20:30 horas e contarán con medidas de seguridade sanitaria semellantes ás do pasado ano, con separación no espazo de herba e con control de aforo. As entradas e bonospoden adquirirse, coma sempre, na taquilla das instalacións ou de xeito online. Para as persoas que o desexen, o Concello do Carballiño pón a disposición dos usuarios unha app de reservas. Quen opte por esta alternativa pode mercar as entradas ou os bonos, en función dos casos, en app.saudeter.com

A tardanza na apertura das instalacións debeuse á realización de obras de mellora de pequena escala e á concesión do servizo.  

AVANTAR ACTIVIDADES