O Depor Campus Terras de Maside comezou esta mañá e estará en marcha ata este venres día 2. Nestas xornadas de deporte cos máis pequenos, recibiron a súa equipación e comezaron xa a desfrutar do fútbol, da man dos adestradores Jacobo Saco, Alberto “Quillo” e Juan Romero. Noutras ocasións este campus xa foi un éxito de participación, e neste caso tamén, con máis de 40 rapaces inscritos.

