O Carballiño, con tres casos, é o único concello da comarca con casos activos de coronavirus

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 3 contaxiados únicamente ( = ). O Concello do Carballiño é o único que presenta casos activos, cos tres casos da comarca. O municipio tiña dous casos ata onte domingo, que sumaba un.

Publicidade

San Cristovo de Cea quedou libre de covid o pasado sábado. Os demais concellos, Beariz, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, a situación mantense tamén con moi poucos contaxios. O positivo de Arnoia mantense. Pola contra, Ribadavia, conta con dous contaxios.  

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.