O festival Musgo trae a Apartamento Acapulco este sábado a Ribadavia

O festival Musgo, que terá lugar no próximo outono en Ourense, ofrecerá un adianto da súa programación esta fin de semana en Ribadavia. A capital do Ribeiro acollerá esta sábado, día 3 de xullo, no auditorio da Casa da Cultura, ás 20:30 horas, o concerto de Apartamentos Acapulco. Dende o festival teñen as entradas á venda online dende fai uns días, cun prezo de dez euros anticipada e de trece euros en taquilla.

A capacidade de aforo será limitada e todos os asistentes deberán permanecer sentados, asignando as cadeiras por orde de chegada e con grupos de máximo tres butacas xuntas.

AVANTAR ACTIVIDADES