A policía local informa que un total de 14 vehículos sufriron actos vandálicos na noite de onte no Carballiño

Onte pola tarde-noite, coincidindo ca finalización do partido da Eurocopa que enfrontaba a España con Suiza, producíronse actos vandálicos nas rúas Alberto Vilanova e Conde Vallellano do Carballiño. En total, resultaron afectados 14 vehículos que estaban estacionados na rúa.

Publicidade

A Policía Local, alertada dos feitos, xa conseguiu identificar ás tres persoas implicadas como presuntos autores destes danos.