Miranda participa na apertura da Porta Santa da Catedral de Santa María de Vitoria promovida polo centro galego desta localidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na apertura simbólica da Porta Santa da Catedral de Santa María de Vitoria, acto promovido polo Centro Galego desta localidade en colaboración co propio templo alavés e co gallo do Ano Santo Xacobeo. Posteriormente tivo lugar unha misa oficiada polo deán don José Domingo Gómez.

Publicidade

Entre outras actividades, o centro galego alavés tamén puxo en marcha unha ruta a modo de etapas do Camiño de Santiago, coa colaboración de diferentes establecementos de restauración galegos. A maiores, realizarase a finais de xullo unha exposición de traxes típicos galegos e o 23 de xullo proxectarase un audiovisual que recolle os testemuñas de persoas con capacidades diferentes.