Ribadavia sobe ós 34 contaxios, con seis casos novos nesta fin de semana

No Ribeiro, a situación hoxe amosa un incremento. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 34 casos activos, un máis ca onte.

Beade mantén dous contaxios. Arnoia sobe ós 5 contaxios e Carballeda de Avia mantén tamén cinco casos, e Avión subiu nesta fin de semana dos 4 ós 7 contaxios. Melón e Cortegada manteñen dous casos activos e Cenlle conta cun caso.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia, están en nivel medio-baixo polo de agora.