O comité reúnese hoxe para avaliar a expansión da covid nos concellos galegos

Na nosa contorna, o que máis preocupa é a incidencia da cidade de Ourense, que se mantén no punto de mira na reunión do comité clínico desta tarde. A incidencia con cifras de onte, luns, era de 522 casos por 100.000 habitantes a 14 días. Produciuse nos últimos días unha explosión de contaxios entre os menores de 30 anos.

Os que seguen en aumento tamén son Ribadavia, que xa está no nivel medio dende a semana pasada e seguiu crecendo para contar hoxe cunha incidencia acumulada de 717 casos por 100.000 habitantes, e O Carballiño, con 47 contaxios. Na xornada de mañá saberemos cales son as novas medidas que rexerán nestes concellos.

AVANTAR ACTIVIDADES