Un home resulta ferido nun incendio agrícola con quimadura de segundo e terceiro grao en Brués

Un home octoxenario resultou ferido nun incendio agrícola na parroquia de Brués, en Boborás e tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ó hospital de Povisa en Vigo. A persoa foi atopada cando os bombeiros realizaban as labores de extinción. O lume sorprendeu, de tal xeito que caeu, provocando o lume queimaduras de segundo e terceiro grao na parte inferior do corpo e mans e brazos.

O lume, que xa está extinguido, afectou a unhas 0,18 hectáreas de superficie agrícola e nas tarefas de extinción participaron dúas motobombas, tres brigadas e dous axentes. O lume, que se orixinou como queima agrícola descontrolada, ó afectar tamén a unha parte exterior dunha casa fixo necesaria a actuación dos bombeiros do parque do Carballiño-Ribeiro. As lapas propagáronse moi rápido dada a actuación do aire. Tamén se desprazou o 061, a Gada Civil e o servizo forestal.

AVANTAR ACTIVIDADES