O 56,8% dos novos contaxios de covid centráse na franxa entre os 16 e os 29 anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dos 1.617 casos activos que ten hoxe a provincia de Ourense, o 46% son mulleres e o 53% homes. En canto ós rangos de idade, o 56%, a gran maioría, céntrase na franxa de idade entre os 16 e os 29. Entre os 0 e os 15 nos, rexístrase o 7,7% dos casos; entre os 30 e os 39 anos, o 17,6%; entre os 40 e os 49 anos, o 12,2%, e en mariores de 60 anos, o 5,8%.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As restricións estanse aplicando para evitar as conductas que máis se puideron ver, coma botellóns, aglomeracións en locais de ocio ou reunións privadas. No Carballiño, esta canle segue recibindo imaxes por parte de veciños que poden comprobar como segue habendo reunións privadas sen medidas de seguridade coma no vídeo que están vendo.

O concello, pola súa parte, reforzará a presencia policial en colaboración ca garda civil para garantir o cumprimento das medidas.

Os grupos da oposición consideran que a mellor forma de atallar a situación do Carballiño e cumprir as normas e facelas cumprir, chamando ó consenso de todos.