Un mozo de 23 anos morre afogado no embalse de Castrelo de Miño

A traxedia ocurriu esta pasada madrugada sobre as 2:00 h O mozo traballador da hostelería, unha vez que acabou o seu turno de traballo e xunto ca súa parella e un par de amigos decidiron darse un baño no embalse. Por causas desconocidas o mozo acabou falecendo.

Ao redor das 8:30 horas da mañá do domingo, o equipo de mergulladores da Garda Civil localizaba o corpo do mozo despois de activarse un operativo de procura no que participaron Bombeiros de Carballiño, membros do GES de Ribadavia e efectivos de Protección Civil de Castrelo de Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES