Avión presenta o máximo da comarca subindo ata ós 31 casos

No Ribeiro, a situación hoxe é moi variada. Ribadavia mantén hoxe aos 26 casos activos. Avión sobe ata os 31 casos, cinco máis ca onte, cun aumento moi pronunciado nos últimos días.

Publicidade

Leiro e Carballeda de Avia teñen sete casos activos. Arnoia mantén catro casos e Cenlle tres casos. Cortegada e Beade manteñen dous casos e Melón un so contaxio. Castrelo de Miño é o único libre de covid.

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia e Carballiño, están en nivel medio-baixo polo de agora.