Valoración do BNG da Xunta de portavoces do luns 19 de xullo

Na Xunta de Portavoces celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense abordáronse varias cuestións, periodicidade dos vindeiros plenos, participación dos non adscritos nas comisión de pleno e pleno extraordinario sobre o  Imposto de vehículos de tracción mecánica.

En relación coa segunda cuestión, o alcalde aporta un informe, sen asinar, do asesor xurídico, a modo de borrador. Ese informe entra na cuestión da representatividade así como no réxime retributivo dos grupos, provocado a raíz da expulsión nun dos casos dun concelleiro, e do abandono nos restantes casos tanto en DO como en Cs.

FESTAS EN RIBADAVIA

Este informe ven a defender a idea de que o abandono dos concelleiros e concelleiras, pasando a ser non adscritos, non pode menoscabar os dereitos que os grupos teñen desde a súa constitución.

Para o BNG, e tendo en conta que o informe foi aportado na propia reunión, e que fai múltiples referencias a distintas normas e sentenzas, cómpre analizalo en detalle antes de fixar unha posición ao respecto.

Pleno extraordinario IVTM

Con respecto á rebaixa do IVTM o alcalde fixo constar na convocatoria que ía dar datos sobre o IVTM, datos que, segundo denuncia o BNG, non aportou na reunión, e que dixo “facilitarei no día de maña”.

Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense afirma que “nós non entramos, tal e como fixemos no pleno ordinario, a valorar datos”. E engade, “Como xa dixemos, o relevante é o feito en sí da rebaixa, algo máis de 2 millóns de euros que deixa de ingresar o concello e que o coloca nunha situación económica problemática á futuro”.

Segundo Luis Seara “o concello precisa recursos para poder dar uns servizos de calidade, e estes recursos obtéñense dos impostos que pagamos as veciñas e veciños”