Cenlle e Leiro contratarán catro peóns forestais para a limpeza das beiras do Avia

O concello de Cenlle, en colaboración co concello de Leiro, contratarán a través do fondo de compensación, catro peóns forestais cun contrato de dous meses para a limpeza do paseo fluvial e da ruta de sendeirismo do río Avia ó seu paso por ambos municipios. Os interesados teñen cinco días hábiles, contados a partir de mañá, para presentar a súa solicitude no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos. O último día para inscribirse será o día 28 de xullo ás 14:00 horas.