Tal día como hoxe procediase a inauguración oficial do IES Nº 1 do Carballiño. Daquelas era alcalde de Carballiño D Javier Perea e asistiron ao acto quenes eran naquel momento reises de España entre outras autoridades.
Milleiros de nenos e nenas do Carballiño e varios centos de profesores pasaron o longo destes anos polas súas aulas. Todos eles contribuiron a que hoxe en día o IES Nº 1 sexa un centro de ensino valorado e apreciado no mundo educativo.
Desde Badal Novas queremos tamén recordar a todos os membros da comunidade educativa do IES que xa non estan con nos.
O primeiro director do IES foi D Samuel Lago Fernández acompañado na Dirección polo Xefe de Estudos D Delmiro Elias Lorenzo Fernández e na Secretaría Dona Marina Fernández Díaz
Pódense relatar miles de historias e anécdotas que ocurrirón nestes 45 anos pero a modo de exemplo relataremos unha.
A principios dos anos oitenta as competencias en educación pasaron do estado a administración autonómica. Esta comunicou os centros educativos que aqueles que non tuveran nome asociado fixeran propuestas.
No caso do IES Nº1 non fixo ningunha proposta pois non atoparon un nome que convencera de forma maioritaria.
Nestes casos a Xunta de Galicia tomou a decisión salomonica de poñerlle IES Nº 1. De ahi o nome do Insituto. Esta mesma situación repetiuse noutras localidades. Por eso hai tamén insitutos que se chaman IES Nº1, como por exemplo en Ordes e Ribeira.
GALERIA DE FOTOS:






