Tivo lugar en Boborás a sinatura das notificacións das execucións subsidiarias da limpeza das parcelas situadas en franxas secundarias

O titular de Medio Rural jose gonzález, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, comprobou a execución dos traballos que realizan os supervisores de prevención que están a vixiar no concello de Boborás o cumprimento da normativa en materia de limpeza das faixas secundarias, as máis próximas ás vivendas.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

As parcelas e a superficie xestionada preto das vivendas dentro do convenio de protección das aldeas impulsado pola Xunta achéganse ao 70% do total

A Xunta celebra o incremento no grao de cumprimento dos particulares dos deberes de xestión da biomasa desde a entrada en vigor deste acordo coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga en 2018, que realiza as limpezas.

 Estas cifras constatan o bo funcionamento do convenio.

Como lles decimos , o conselleiro estivo acompañado por a alcaldesa de Boborás Patricia Torres e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez