50 ANIVERSARIO DO IES Nº 1 O CARBALLIÑO
O vindeiro 17 de outubro de 2026 celebrarase o 50 Aniversario do IES Nº 1 O Carballiño, unha xornada moi especial para reencontrarse, recordar bos momentos e compartir un día inesquecible con profesorado, persoal non docente, alumnado e todas as persoas que formaron parte da historia do centro ao longo destes 50 anos.
DATA E HORA
- Data: 17 de outubro de 2026
- Hora: ás 12:00 horas
- Lugar: Salón de Actos do IES Nº 1 O Carballiño
Tras o acto conmemorativo, terá lugar unha comida de convivencia no propio centro educativo.
RESERVA DE COMIDA
- Prezo por persoa: 45 €
- Os asistentes poderán acudir con acompañantes, indicando o número total de persoas no momento da reserva e aboando o importe correspondente.
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA
Para confirmar a asistencia é obrigatorio realizar unha transferencia bancaria antes do 10 de setembro de 2026.
Datos para o ingreso:
- Entidade: CAIXA RURAL GALEGA
- Titular: ANPA SAN CEBRAO
- IBAN: ES55 3070 0039 0164 6891 3329
Concepto da transferencia:
Indicar nome e apelidos da persoa que asiste + número total de persoas (incluídos acompañantes).
A dirección do centro disporá en setembro dunha listaxe cos ingresos recibidos para confirmar a asistencia das persoas inscritas.
Para máis información, consultar no centro educativo.
Agardámosvos para celebrar xuntos estes 50 anos de historia, convivencia e lembranzas compartidas!

















