As farmacias do Carballiño atenderon un gran numero de persoas nestes dias para pedir o certificado de vacinacion ou os test de antixenos ou saliva

O aluvión de consultas que se sucederon ao longo de toda a semana (sobre o prezo, instrucións de uso ou validez, entre outras cuestións) anticipaban xa unha demanda alta, e así foi, elevadísima nalgunhas zonas de galicia, incluida a nosa vila.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

 No primeiro día de venda sen receita de test de antígenos en farmacias foron moitos os que por precaución acudiron ao seu farmacéutico para facer provisión de kits de autodiagnóstico, pero foron a maioría os que, coa fin de semana ao virar a esquina, acudiron a buscar a súa proba para non quedar fora do bar ou restaurante. Con todo, de momento para acceder ao interior dos locais hostaleiros dos concellos en peor situación só valen resultados emitidos por un laboratorio oficial autorizado.

As farmacias da vila non foron alleas a cantidade de test que lles pediron estes días dende a aprobación da venda sen receita polo goberno central .

O goberno traballa nun protocolo para que os resultados das probas que se realicen nas farmacias sexan comunicados ó sergas.

Tamén , os certificados de vacinación foron moi demandados nos primeiros días nas farmacias da vila para poder acudir por exemplo o interior de locais de hostalaria, feito que supuxo un colapso na rede xeral de emisión de ditos certificados.