Representantes do concello carballiñes acudiron a presentacion do plan turístico nacional Xacobeo 2021-2022

IES CHAMOSO LAMAS

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, xunto coas concelleiras Lupe Sobrado e Rosa Fuentes, así como o concelleiro Rogelio Otero, asistiron hoxe en Santiago á xornada de presentación do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022, efectuado pola ministra de Turismo, Reyes Maroto. Un acto que contou coa participación da Fegamp, e ao que tamén asistiu o historiador carballiñés Felipe Senén, quen destacou a importancia de coidar e recuperar o noso patrimonio histórico, arquitectónico e natural para revalorizar o camiño de Santiago como un dos eixes culturais de Galicia.

A Ministra detallou os investimentos para manter e rehabilitar o patrimonio histórico dos Camiños que ascende a preto de 23 millones de euros, entre os que destacamos a achega de 2 millóns de euros para o Mosteiro de Oseira.

HIPER MASIDE