A carballiñesa Teresa Táboas gaña a elección ao Consello da UIA Rexión 1

Parabéns a Teresa Táboas por esta elección. Unha carballiñesa que cando foi conselleira de vivenda acordouse da súa terra e grazas a ela Carballiño pudo adecentar todo o Poligono industrial con unha inversión importante por parte da consellería.

Publicidade

Facemonos eco da información que aparece na páxina web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

Teresa Táboas foi elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos ( UIA) pola Rexión 1 na 28ª Asemblea Xeral da devandita organización celebrada durante este mes de xullo. O seu mandato estenderase ata 2023.

A candidatura de Táboas foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España ( CSCAE) e complétase coa designación de Ángela Baldellou, actual directora do Observatorio 2030 do CSCAE, en calidade de suplente.

Así mesmo, forman parte do Consello UIA Rexión 1 Carmela Cannarella (Italia), Eric Wirth (Francia) e Regina Gonthier (Suíza).

Traxectoria

Foi elixida o 15 de Maio de 2.003 Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo a primeira muller en acceder ao cargo. En consonancia co cargo, foi Conselleira Titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España entre os anos 2003-2005.

Formou parte da Comisión de Vivenda do CSCAE e foi membro das comisións “ Urban Issues” e “ Environment and Sustainable Architecture” do Consello de Arquitectos de Europa (CAE), en representación do CSCAE.

Foi tamén representante do CSCAE na Asemblea da UIA celebrada en Istambul en 2005, nomeada Presidenta da Comisión de Vivenda do CAE en abril de 2006 e foi Conselleira de Vivenda e Só da Xunta de Galicia desde agosto do 2005 ata abril de 2009.

Desde 2018 é Membro Honorario da Federación de Colexios de Arquitectos da República Mexicana ( FCARM).