Punxín celebra mañá ás 12:00 horas sesión plenaria ordinaria

O concello de Punxín celebra mañá ás 12:00 horas unha sesión plenaria ordinaria. As propostas do concello son a probación de dous proxectos, un de recuperación do firme en varias vías municipais e outro de colocación de biondas nas estradas.

Ademais, dentro do control feito pola oposición debateranse as mocións de CxG de crear unha comisión intermunicipal; incrementar as horas do servizo de axuda no fogar, proposta do PSOE, ou a proposta do PP en defensa do servizo postal público de correos en Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES