A Deputación sufragará a mellora do tellado do centro social de Anllo

San Amaro 29/3/21 Local social de Anllo (San Amaro) Fotos Martiño Pinal

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por un importe total de 610.649 euros, investimento que irá destinado a obras de infraestruturas, servizos e equipamentos en concellos da provincia de Ourense e tamén para entidades sociais, empresariais e culturais. No que atinxe á cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou 48.000 euros para o Concello de San Amaro, destinados a reparación do tellado do centro social de Anllo.