No ribeiro, Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, aínda que volve a restar casos activos, hoxe cun menos, chegando a 22. Ribadavia baixa hoxe catro casos, para ter un total de 14 contaxios.
Arnoia mantén dous casos, igual ca Carballeda de Avia e Castrelo de Miño. Leiro baixa un caso ata os dous contaxios e Cenlle baixa dous casos para ter catro casos activos. Cortegada e Melón manteñen un caso cada un. Beade é o único concello do Ribeiro que se mantén libre de covid.