A Xunta apoia a conciliación e a promoción da igualdade de xénero no concello de Ribadavia cunha axuda de 25.624€ neste 2021

  • Os apoios enmárcanse dentro da convocatoria que o Goberno galego adica ás entidades locais
  • Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta con un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nun taller sobre a aprendizaxe para identificar a violencia de xénero, onde se explicaron diversas ferramentas de sensibilización e prevención contra esta lacra
  • López Abella destacou o papel da conciliación como unha das liñas de actuación “onde o benestar laboral e a igualdade van da man no camiño á emancipación da muller”

O concello de Ribadavia (Ourense) percibe neste 2021 case 26.000 euros de investimentos en políticas de fomento da conciliación e de promoción da igualdade entre homes e mulleres e a loita contra as violencias machistas, así o destacou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, na súa participación nun taller sobre a prevención da lacra da violencia de xénero mediante a sensibilización e a identificación das violencias contra a muller; dito simposio foi ofrecido dentro do programa Lola Touza deste municipio da comarca do Ribeiro.

López Abella puxo en valor o esforzo que fai o Goberno galego en traducir os desexos dunha sociedade máis igualitaria en políticas reais onde o eido laboral e o traballo pola igualdade “van da man no camiño á emancipación da muller” mediante o favorecemento da conciliación e a promoción da igualdade co tratamento da violencia de xénero. Estas dúas liñas aparecen recollidas na resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG) do 22 de xuño de axudas ás entidades locais na loita contra a violencia de xénero e promoción da igualdade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello ribadaviense percibe destes apoios 15.000 euros na liña de fomento da conciliación e 10.624 euros na promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento contra a violencia de xénero. De feito, o Goberno galego contribuíu a que na provincia de Ourense 81 concellos reciban este ano un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia. Esta iniciativa ten o dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero.

É compromiso do Executivo galego seguir a traballar a prol dunha igualdade real entre para unha sociedade máis xusta. Este empeño ven demostrado, no caso da inversión no combate ás violencias machistas no eido local, con ata case 54.000 euros para o concello de Ribadavia dende 2009.