O Psedg aplaude o importante avance das obras da variante ferroviaria da cidade de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

O PSdeG-PSOE aplaude o “importante avance” das obras do tramo do liña de alta velocidade (LAV) galega entre Taboadela e Ourense –coñecido como ‘variante exterior de Ourense’– logo de “sufrir unha década de parálise, tapiados e pisoteos do PP”. Os e as socialistas ourensáns veñen de comprobar o estado das obras de execución dos
subtramos entre o intercambiador de Taboadela e Seixalvo, ás aforas da
capital, onde xa se poden apreciar as primeiras estruturas dos viadutos, así
como a perforación do túnel de Rante de 3,4 quilómetros de lonxitude.
Tras superar os “incontables ataques do PP, que quixo suprimir esta
infraestrutura clave para toda Galicia”, a execución da plataforma avanza agora
grazas ao “impulso e compromiso inquebrantable do goberno de Pedro
Sánchez”. O Executivo central tamén está a ultimar os proxectos do segundo
subtramo, entre Seixalvo e a estación de Ourense, co obxectivo da súa próxima
licitación. “Agora co PSOE temos obras e proxectos e antes, co PP na Moncloa,
tiñamos a un ministro que cuestionaba este obra e a un ministerio que tiraba os
expedientes ao lixo”, co “silencio cómplice dos cargos do PP de Ourense, que
aplaudían aquel ataque a nosa provincia”.


Estación ferroviaria de Ourense
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) tamén está a
traballar a reo para licitar, durante o primeiro trimestre de 2023, as obras de
reforma e rehabilitación da estación ferroviaria de Ourense. Os proxectos
construtivos están actualmente na súa fase final de redacción, co obxectivo do
seu remate en decembro de 2022. A execución será asumida integramente con
recursos propios do Mitma.
As obras realizaranse por fases debido á complexidade que supón compaxinar a
execución de proxectos tan complexos co uso do edificio e dos andéns por
viaxeiros, viaxeiras e trens. A licitación incluirá a rehabilitación e ampliación do
edificio e as plataformas; a pasarela peonil e a primeira fase do cubrimento da
praia de vías ata a ponte da avenida de Santiago.
Tramo Taboadela-Ourense
As obras da ‘Variante Exterior de Ourense’ actualmente en execución, son os
subtramos Taboadela-túnel de Rante e Túnel de Rante-conexión Seixalvo.
Supoñen un investimento de 112,3 millóns. A variante, de 18 km de lonxitude
total con plataforma de dobre vía electrificada en ancho estándar, estará
formada polos subtramos Taboadela-túnel de Rante; túnel de Rante-conexión
Seixalvo; conexión Seixalvo-Seixalvo; Seixalvo-túnel de Montealegre e túnel de
Montealegre-estación de Ourense.

OZOCOgz Deseño Galego


O subtramo Taboadela-túnel de Rante (5,6 km) está deseñado para dobre
vía electrificada en ancho estándar e plataforma de 13,6 metros. Discorre polos
termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas. O túnel de Rante é a
obra máis importante deste subtramo. Será un túnel monotubo para vía dobre,
de 3,4 km (o 60,9 % do tramo). Prevense tres saídas intermedias de
emerxencia mediante galerías transversais con saída directa ao exterior.
Ademais, outras estruturas que se construirán neste subtramo son o viaduto
sobre o río Mesón de Calvos (408 metros); o viaduto sobre o río Taboadela
(23,5 metros) ou o viaduto sobre o Regueiro de San Benito (108 metros).
O subtramo Túnel de Rante-Conexión Seixalvo (2,2 km) discorre por San
Cibrao e Ourense e soluciona o paso da LAV pola zona periurbana de Seixalvo,
aproveitando o actual corredor ferroviario da liña convencional, mediante unha
nova plataforma en paralelo. Executarase un gran viaduto de 356 metros de
lonxitude para salvar o cruzamento coa estrada N-525 e o río Barbaña a altura
do polígono Barreiros.
Outro viaduto de 54 metros servirá para salvar a estrada OU-105. Un viaduto
máis de 30 metros solucionará o cruzamento a distinto nivel coa futura estrada
entre a rotonda próxima a Bemposta e a estrada N-525, actualmente en fase de
redacción de proxecto.