Ribadavia oferta a ocupación de dez postos na Praza de Abastos

O concello de Ribadavia busca dar dinamismo á Praza de Abastos promovendo a ocupación dos postos que están baleiros neste momento. Para iso, saca a concurso a ocupación dos postos 4,7,8,9,15,18,19,20 do semisoto e os 15 e 16 da planta baixa.

O prazo de utilización destes postos será de máximo de 20 anos. Mañá, día 6, remata o prazo para presentar as solicitudes. As ofertas presentaranse no rexistro do concello de Ribadavia , en horario de atención ao público. As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios ou na páxina web do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES