Ribadavia reduce os impostos para fomentar a ocupación do casco histórico

O Concello de Ribadavia anima con descontos nas tarifas e impostos a residencia no centro histórico. Ademais, mediante unha oferta pública ofrece a venda de inmobles e solares da súa propiedade a un prezo baixo para que sexan rehabilitados e ocupados como vivendas ou destinados a empresas.

No último pleno, a Corporación aprobou unha redución do 50% aos veciños do centro histórico na tarifa do aparcadoiro municipal da Alameda. O que se suma a outros xa vixentes, como o IBI para edificios situados na zona clasificados como Conxunto Histórico Artístico, con diferentes graos de protección. Deste xeito, se é integral (arredor da praza principal, igrexa da Madalena …) o desconto é do 50%; se é para a protección estrutural é do 40% e para a protección do medio ambiente, que son propiedades fóra do caso histórico pero afectadas por el, é do 20%.

AVANTAR ACTIVIDADES