A Praza da Mina conta dende hoxe con gardacontedores con imaxes turísticas do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con imaxes da Festa do Pulpo e do entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, quedarán instalados hoxe os novos guardacontenedores da rúa Aldara, fronte á Praza da Mina.

Trátase dunha iniciativa da Mancomunidade Terras do Avia, á que pertence O Carballiño, e que ten por obxectivo  ocultar os contenedores naqueles lugares de maior impacto visual con paneis metálicos ilustrados con fotografías relativas aos recursos turísticos dos concellos integrados neste organismo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para esta campaña da mancomunidade, que xa se levou a cabo nos demais concellos, cóntase cunha subvención de Turismo de Galicia.

O concello do Carballiño agarda poder ampliar esta medida a outras illas de contenedores situadas noutros lugares de vila que supoñen un maior impacto visual.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------