A Praza de Abastos inicia este venres a campaña de verán con grandes premios

Publicidade ASPADISI

A Asociación de praceiros da Praza de Abastos do Carballiño xunto co concello do Carballiño presentaron hoxe a campaña de verán, que dará comezo este próximo venres ata o 22 de setembro, que terá lugar o sorteo ás 13:00 horas. Os agasallos deste ano serán fundamentalmente tecnolóxicos, con tablets, móbiles e electrodomésticos e circuítos termais nas Caldas de Partovia e unha estancia no Gran Talaso de Sanxenxo e 500 euros en vales de compra.

O pasado verán, a campaña reuniu 8.000 papeletas grazas á compra na praza e este ano, grazas ó calibre dos premios, esperan superar as 10.000 papeletas.

HIPER MASIDE

O concelleiro de Turismo e Emprego substituíu á concelleira de comercio, destacando o potencial da Praza de Abastos e o apoio de diferentes empresas a esta campaña.