O Carballiño e Ribadavia repuntan como destino turístico de interior

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O número de visitantes nesta tempada de verán están sendo moi importantes e satisfactorios. A pesar da situación COVID, Ribadavia está moi satisfeita co nivel de visitantes que está experimentando neste verán.

A partir do día 10 de agosto reforzarase a Oficina de Turismo con dúas persoas máis durante 3 meses. A riqueza patrimonial, termal e vitivinícola sitúanse como atractivos destacados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En días de xullo, superáronse as 250 persoas que pasan diariamente pola Oficina de Turismo. O perfil de visitantes é maioritariamente da Península, seguíndolles os de Galicia, e sendo menor os de outras partes de Europa con respecto a outros anos.

Tanto no Carballiño coma en Ribadavia, o potencial da área de autocaravanas e o camping son un dos atractivos máis recorrentes. Na capital do Arenteiro, o turismo tamén deixa moi boas cifras, con turistas que, a pesar de que non poden dar uso da Oficina de Turismo, achéganse ó concello en busca de información. Dende o ApartaHotel Arenteiro, a mellor opción de aloxamento no casco urbán do Carballiño, califican este coma un dos mellores veráns en ocupación, con turismo nacional e familiar.

O Carballiño, ademais do potencial turístico e natural, destaca por ser un punto estratéxico e ben comunicado co resto de Galicia, o que fai atractivo como lugar de hospedaxe.

Ademais, este ano a emigración volve a xogar o papel tan importante previo á pandemia e que no pasado verán se viu mermado.